Sunday 28 de April de 2024

O Partido Popular de Sada celebra a convocatoria da Comisión Informativa Especial de Seguridade Cidadá.


O Partido Popular de Sada celebra a convocatoria da Comisión Informativa Especial sobre seguridade cidadá para este xoves día 14 de decembro.
Tras a constitución da mesma, elaborarase un calendario de traballo, para abordar distintas problemáticas e expor suxestións para mellorar aspectos sobre a seguridade cidadá vinculados ás competencias plenarias.
Nesta liña, o grupo popular levará á comisión, entre outras, a iniciativa que xa adiantaron no pleno extraordinario, de solicitar como Posto Principal, o posto da Garda Civil de Sada.

“Son varios os aspectos para abordar: incremento de persoal, cuestións retributivas para a equiparación a outros municipios, de compensación polas extras, de mellora de equipamento persoal e de instalacións, #etc… ” comentou Esperanza Arias, portavoz do grupo popular.